Curso de Dinamización e Xestión de Equipamentos Culturais Locais
En maio de 2023, a Deputación da Coruña impulsou este curso formativo de 25 horas dirixido a profesionais de entidades culturais públicas da provincia. O seu obxectivo foi achegar novas estratexias, metodoloxías e ferramentas para a dinamización, participación e desenvolvemento dos públicos culturais en equipamentos de proximidade.
O curso ofreceu unha panorámica actualizada sobre os modelos de xestión e dinamización de centros culturais locais, adaptada á realidade dos recursos, equipos técnicos e infraestruturas da provincia da Coruña.
Dirixido a…
📌 Persoal técnico e responsables de equipamentos culturais municipais.
📌 Xestores/as culturais que traballan en centros culturais, bibliotecas, arquivos, museos, auditorios ou espazos expositivos.
📌 Profesionais da cultura interesados na dinamización de públicos e na innovación en espazos culturais de proximidade.
O que fixemos
📌 Deseño e coordinación dos contidos formativos.
📌 Impartición de sesións formativas con metodoloxía práctica e aplicada.
📌 Creación de materiais didácticos adaptados á realidade dos equipamentos culturais locais.
O enfoque
Dentro dos obxectivos formativos destacamos:
📌 Comprender os modelos actuais de xestión e dinamización de equipamentos culturais de proximidade.
📌 Coñecer novas estratexias e ferramentas para a dinamización e desenvolvemento de públicos culturais.
📌 Identificar retos e tendencias para o deseño dunha oferta cultural innovadora e sostible nos equipamentos locais.
Desenvolvemos os contidos formativos seguintes:
📌 Bloque 1 | Os equipamentos culturais de proximidade: modelos actuais
- Modelos de xestión e organización en equipamentos públicos locais.
- Coordinación en rede e tipoloxías de espazos.
- Exemplo de modelos inspiradores:
- Centros cívicos e espazos de dinamización comunitaria.
- Equipamentos especializados (escénicas, musicais, audiovisuais, expositivos, bibliotecas e arquivos).
- Espazos de creación, laboratorios, residencias e produción cultural.
- Espazos alternativos e modelos singulares.
📌 Bloque 2 | Estratexias de dinamización, participación e desenvolvemento de públicos (I)
- Identificación e mapeo dos públicos culturais.
- Desenvolvemento de públicos existentes e estratexias para a incorporación de novos públicos.
- Accesibilidade e inclusión nos equipamentos culturais.
📌 Bloque 3 | Estratexias de dinamización, participación e desenvolvemento de públicos (II)
- Metodoloxías e ferramentas para o traballo con públicos culturais.
- Segmentación e experiencia do usuario.
- Kit de ferramentas:
- Comunicación corporativa e relacional.
- Ticketing e Business Intelligence (Software BI) para xestión de públicos.
📌 Bloque 4 | Deseño e planificación da oferta dun equipamento cultural local (I)
- Infraestrutura e dispositivos de acollida e benvida.
- Modelos de programación e experiencia cultural:
- Atención ao espectador (escénicas e audiovisuais).
- Percorridos expositivos e museográficos.
- Acceso a coleccións físicas e dixitais (bibliotecas e arquivos).
📌 Bloque 5 | Deseño e planificación da oferta dun equipamento cultural local (II)
- Actividades de mediación e participación cultural.
- Estratexias de colaboración co sector cultural e creativo.
- A dimensión dixital na xestión dos equipamentos culturais.
O equipo
Sergio Lago – Coordinación de contidos e docencia.