A welcoming library space with people relaxing and reading on comfortable seating.

Curso de Dinamización y Gestión de Equipamientos Culturales Locales

En maio de 2023, a Deputación da Coruña impulsou este curso formativo de 25 horas dirixido a profesionais de entidades culturais públicas da provincia. O seu obxectivo foi achegar novas estratexias, metodoloxías e ferramentas para a dinamización, participación e desenvolvemento dos públicos culturais en equipamentos de proximidade.

O curso ofreceu unha panorámica actualizada sobre os modelos de xestión e dinamización de centros culturais locais, adaptada á realidade dos recursos, equipos técnicos e infraestruturas da provincia da Coruña.

Dirixido a…

📌 Persoal técnico e responsables de equipamentos culturais municipais.
📌 Xestores/as culturais que traballan en centros culturais, bibliotecas, arquivos, museos, auditorios ou espazos expositivos.
📌 Profesionais da cultura interesados na dinamización de públicos e na innovación en espazos culturais de proximidade.

O que fixemos

📌 Deseño e coordinación dos contidos formativos.
📌 Impartición de sesións formativas con metodoloxía práctica e aplicada.
📌 Creación de materiais didácticos adaptados á realidade dos equipamentos culturais locais.

O enfoque


Dentro dos obxectivos formativos destacamos:

📌 Comprender os modelos actuais de xestión e dinamización de equipamentos culturais de proximidade.
📌 Coñecer novas estratexias e ferramentas para a dinamización e desenvolvemento de públicos culturais.
📌 Identificar retos e tendencias para o deseño dunha oferta cultural innovadora e sostible nos equipamentos locais.

Desenvolvemos os contidos formativos seguintes:

📌 Bloque 1 | Os equipamentos culturais de proximidade: modelos actuais

  • Modelos de xestión e organización en equipamentos públicos locais.
  • Coordinación en rede e tipoloxías de espazos.
  • Exemplo de modelos inspiradores:
    • Centros cívicos e espazos de dinamización comunitaria.
    • Equipamentos especializados (escénicas, musicais, audiovisuais, expositivos, bibliotecas e arquivos).
    • Espazos de creación, laboratorios, residencias e produción cultural.
    • Espazos alternativos e modelos singulares.

📌 Bloque 2 | Estratexias de dinamización, participación e desenvolvemento de públicos (I)

  • Identificación e mapeo dos públicos culturais.
  • Desenvolvemento de públicos existentes e estratexias para a incorporación de novos públicos.
  • Accesibilidade e inclusión nos equipamentos culturais.

📌 Bloque 3 | Estratexias de dinamización, participación e desenvolvemento de públicos (II)

  • Metodoloxías e ferramentas para o traballo con públicos culturais.
  • Segmentación e experiencia do usuario.
  • Kit de ferramentas:
    • Comunicación corporativa e relacional.
    • Ticketing e Business Intelligence (Software BI) para xestión de públicos.

📌 Bloque 4 | Deseño e planificación da oferta dun equipamento cultural local (I)

  • Infraestrutura e dispositivos de acollida e benvida.
  • Modelos de programación e experiencia cultural:
    • Atención ao espectador (escénicas e audiovisuais).
    • Percorridos expositivos e museográficos.
    • Acceso a coleccións físicas e dixitais (bibliotecas e arquivos).

📌 Bloque 5 | Deseño e planificación da oferta dun equipamento cultural local (II)

  • Actividades de mediación e participación cultural.
  • Estratexias de colaboración co sector cultural e creativo.
  • A dimensión dixital na xestión dos equipamentos culturais.

O equipo

Sergio Lago – Coordinación de contidos e docencia.