Coruña Dixital
Coruña Dixital é un programa municipal promovido polo Concello da Coruña co obxectivo de expandir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais.
O programa facilita a conexión entre persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sostible de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, tanto en iniciativas creativas, culturais e sociais como en proxectos profesionais.
A súa web, corunadixital.gal, serve como punto de referencia para informar das actividades do programa e dar visibilidade aos colectivos, espazos e eventos da cidade onde inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital. Gran parte dos contidos xerados, incluídas as gravacións das sesións formativas, seguen dispoñibles en liña.
Dirixido a…
📌 Cidadanía dixital – Recursos e espazos para a iniciación e o uso seguro da tecnoloxía, independentemente da idade ou nivel de coñecemento.
📌 Creatividade dixital – Actividades e iniciativas para inspirarse e conectar con outras persoas interesadas no uso creativo da tecnoloxía.
📌 Comunidades técnicas – Espazos para persoas con coñecementos avanzados dentro das redes e comunidades que integran Coruña Tech.
O que fixemos
- Deseño estratéxico e coordinación do programa.
- Creación dun espazo de referencia para a cultura dixital na cidade.
- Organización de accións formativas e divulgativas.
- Desenvolvemento dunha estratexia de comunicación dixital.
O enfoque
A estrutura do programa asentouse sobre tres grandes liñas de acción:
🎯 Dinamización, conexión e mediación: Creación dun espazo municipal de referencia para facilitar o acceso da cidadanía e colectivos locais á cultura dixital.🎓 Formación e divulgación: Accións para fomentar o uso creativo da tecnoloxía e o emprendemento de proxectos innovadores.
🌍 Visibilización da cultura dixital: Estratexia de comunicación para dar a coñecer iniciativas municipais e independentes e conectar proxectos.
O programa estruturouse en diversos formatos, con iniciativas destacadas como:
📌 LAIC – Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación
📌 Kit de Activación Dixital
📌 Distopías Cotiás – Reflexión sobre o impacto das tecnoloxías
📌 Encontro de Competencias Dixitais na cidade
O equipo
- Sergio Lago – Dirección
- Ruth Sousa – Comunicación e produción
Colaboramos con
- Concello da Coruña – Entidade promotora
- Ana Dixital – Produción
- Miriam Rodríguez – Produción e relacións internacionais
- María Yáñez – Comisariados en diferentes actividades
- Coma / Breogán Xuncal / Begoña Pastoriza – Deseño gráfico
Os resultados
📌 Un ecosistema de cultura dixital consolidado na cidade. Coruña Dixital estableceu un espazo público de referencia para a formación e divulgación en tecnoloxía e innovación.
📌 Impacto en múltiples públicos. O programa abarcou desde a alfabetización dixital ata a especialización en contornas tecnolóxicas avanzadas.
📌 Contidos dispoñibles en aberto. Moitas das sesións formativas e recursos seguen accesibles para consulta pública.
🔗 Saber máis