[2] Definir estratexias

  • Modelos de Residencias Artísticas

    Participamos no proceso de análise e asesoramento para o deseño da estratexia dun novo proxecto público de residencias artísticas en Galicia. Desde BenCuriosa colaboramos neste proceso con Diego Parajó, responsable da coordinación global do proxecto, asumindo pola nosa parte a análise de modelos de referencia galegos, estatais e internacionais, así como a identificación de boas…

  • Innovar dende un concello

    Esta iniciativa parte dun servizo de benchmarking sobre actuacións innovadoras a nivel local, promovido pola administración autonómica galega co obxectivo de identificar boas prácticas e definir modelos aplicables ao contexto dos concellos galegos. Unha aposta por deseñar accións e pautas no ámbito municipal que favorezan a I+D+i aliñada coa RIS3 Galicia, cun impacto directo e…

  • Implementa Cultura Accesible

    Implementa Cultura Accesible é unha iniciativa que nace como un espazo de investigación e divulgación sobre accesibilidade cultural. O seu obxectivo é axudar a planificar e implementar unha accesibilidade real na oferta cultural, tanto nas experiencias presenciais como na cultura dixital. O proxecto conta co impulso inicial de BenCuriosa e co apoio da Deputación da…

  • Estratexias para arquivos comunitarios e temáticos

    Cada vez máis persoas e colectivos toman conciencia da importancia do patrimonio, a memoria e a identidade, dando lugar á creación de arquivos comunitarios e temáticos. Estes proxectos culturais e cidadáns adoitan xerar un gran volume de materiais que cómpre catalogar, inventariar, documentar e conservar de maneira sostible. Desde BenCuriosa, acompañamos ás persoas responsables de…

  • Coruña Dixital

    Coruña Dixital é un programa municipal promovido polo Concello da Coruña co obxectivo de expandir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais. O programa facilita a conexión entre persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sostible de proxectos innovadores e con capacidade transformadora,…

  • Soidade

    Soidade é un proxecto de responsabilidade social desenvolvido de maneira colaborativa por Xeneme e BenCuriosa, dúas entidades de economía social. Naceu no outono de 2017 co apoio do CoLab do Concello da Coruña, un espazo para a dinamización e a transformación social. En 2018 recibiu o apoio da Deputación da Coruña como proxecto singular de…