
A Rede Museística Provincial de Lugo organizou os pasados 9, 10 e 11 de maio a sexta edición dun evento que reuniu a numerosos profesionais da xestión cultural e a museoloxía en torno a un proceso de reflexión sobre a incorporación íntegra da perspectiva de xéneros no labor museístico e sobre a responsabilidade social destas institucións, seguindo o enfoque da Nova Museoloxía.
O noso compañeiro Marcos Lorenzo participou no VI Congreso de Xénero, Museos, Arte e Educación desenvolvendo algunhas das funcións da secretaría técnica do mesmo e participando nalgúns dos obradoiros.
Foi un proceso de reflexión, posta en común e aprendizaxe moi enriquecedor e fructífero, no que tamén se afondou nas problemáticas e desafíos das traballadoras de museos e centros de interpretación.
Con esta iniciativa, a Rede Museística de Lugo, coa súa xerente (e colaboradora do CEU en Xestión Cultural) Encarna Lago á fronte, sitúase á vangarda dos debates na materia que se están a producir na esfera internacional, impulsados polo ICOMOS.