Sesións completas de Nexos 2014 en vídeo
Na segunda edición do ciclo de cultura contemporánea NEXOS, en 2014, analizamos a pegada bélica na cultura europea cando se cumpría un século da I Guerra Mundial; preguntámonos se as letras das cancións se poden considerar un xénero literario; rendemos unha homenaxe a Octavio Paz, un dos máximos expoñentes da intelectualidade latinoamericana; e indagamos sobre a presenza do ‘malditismo’ nas artes.
Entre os expertos e expertas que nos acompañaron estiveron Pere Gimferrer, Miguel-Anxo Murado, Vicente Molina Foix, Bieito Iglesias, Rafael Martínez Castro, Uxía Senlle e Sérgio Godinho.
Poñemos á túa disposición todas as sesións completas en vídeo: