Mesa redonda: Políticas culturais en Galiza
Marcos Lorenzo foi convidado polo Matadoiro Compostela (espazo de intervención e autoxestión cidadá en Santiago de Compostela), a formar parte dunha mesa redonda sobre as políticas culturais en Galiza, composta por Olalla Rodil (voceira do BNG), Marcos Lorenzo, Xabier Ron (AGE) e moderada por Jorge Linheira (Matadoiro).
Tratáronse temas tan suxerentes coma:
– A existencia ou non dunha política cultural en Galiza que mereza tal nome durante os últimos 35 anos.
– A situación do sector cultural galego e o papel da AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais).
– A Cidade da Cultura, debilidade ou fortaleza?
– Deben as administracións públicas fomentar espazos socioculturais autoxestionados coma o do Matadoiro Compostela ou deben ser procesos que nazan unicamente desde a horizontalidade, desde a cidadanía?
– Situación da muller na cultura, é necesaria unha femenización da cultura?
A información ampliada desta actividade podes atopala no seguinte enlace.