Transformación dixital e financiamento

Acompañamos a outras cooperativas nunha formación sobre transformación dixital e financiamento

Ao longo das últimas semanas, en BenCuriosa estivemos acompañando a outras empresas de Economía Social nunha formación sobre Transformación Dixital e acceso a fondos de financiamento. Foron seis sesións virtuais que formaban un módulo do Programa Especializado de Formación Xerencial 2022 de EspazoCoop.

O programa artellouse sobre exercicios prácticos de auto-avaliación. Deste xeito, man a man coas participantes, fomos analizando as necesidades e oportunidades de dixitalización de cada cooperativa. Así, fomos definindo unha memoria técnica ou folla de ruta para o acceso ás convocatorias públicas neste ámbito. 

A este bloque de contidos sobre transformación dixital e financiamento sumáronse compañeiras de Rede Eusumo – Economía Social de Galicia, Catro Ventos Miudiño, Xeitural, Metropolis.coop ou 13grados.

Grazas unha vez máis á Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop pola confianza! 

A formación continúa, desta vez da man das nosas amigas de O Cable Inglés. Unha boa oportunidade para aprender sobre comunicación dixital. Aquí tedes toda a información sobre o programa.

Tamén che pode interesar //

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Subir