Narrativas dixitais fronte o relato de odio na Rede

O #LAIC de Coruña Dixital estivo adicado este pasado mes de febreiro ás posibilidades da comunicación dixital fronte o discurso de odio presente na Rede, igual que noutros ámbitos da nosa vida cotián.

Esta proposta, que se enmarca dentro da actual edición do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación adicada ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia, desenvolveuse a través de dúas actividades. A primeira delas, un laboratorio de ciberactivismo e innovación narrativa, da man do programa Ciberespect da oenegué galega Ecos do SurEn total, tres sesións nas que se abordaron os mecanismos do discurso de odio así como posibles estratexias indiviuais e colectivas e unha achega ás narrativas innovadoras como ferramenta de transformación social.

A segunda actividade, consistiu nun #Migratón: un innovador formato desenvolvido e facilitado pola fundación porCausa na que foi unha das súas primeiras actividades en Galicia e que permitiu ás participantes desenvolver, desde a creatividade e no eido dixital, novos marcos narrativos. Esta actividade xurde do traballo previo de investigación desenvolto pola fundación e baséase no seu informe Siete puntos clave para crear nuevas narrativas sobre los movimientos de personas en el mundo, ao que podedes acceder desde aquí.

Non esquezades que tedes información sobre esta e outras propostas -relacionadas coa cultura dixital e actividades vinculadas á tecnoloxía- na web de Coruña Dixital, o programa municipal que coordina o noso compañeiro Sergio Lago, á que podedes acceder desde aquí.

Comment (1):

  • As posibilidades do transmedia máis alá do audiovisual | BenCuriosa

    […] Narrativas dixitais fronte ao relato de odio na Rede […]

Subir