Xestión Cultural

Intercambiamos experiencias con colegas de Galicia e Portugal na capital cultural do Eixo Atlántico

23/11/2018

Os nosos compañeiros Marcos Lorenzo e Sergio Lago participaron no I Seminário de Intercâmbio de Experiências no âmbito da Cultura, que se celebrou na localidade portuguesa de Santa Maria da Feira. Foi unha nova ocasión para compartir experiencias e coñecemento con compañeir*s do sector da xestión cultural de Galicia, e especialmente de Portugal, en torno a unha reflexión sobre os observatorios municipais de cultura e a cooperación cultural.

A xornada permitiu tamén falar de xestión pública e contratación desde diferentes perspectivas e participar en dous obradoiros, sobre comunicación e accesibilidade na cultura e participación pública e da sociedade.

Este seminario desenvólvese no marco da capitalidade cultural do Eixo Atlántico, que este 2018 recaeu en Santa Maria da Feira. A localidade, referente do sector polos seus proxectos culturais, desenvolve desde xaneiro un programa multidisciplinar de actividades, en calidade de capital cultural, que rematarán o més que vén.