Investigación e divulgación

Saberes Próximos

A imaxe amosa unha man colocando unha chincheta vermella sobre un mapa. Representa o que o proxecto Saberes Próximos quere facer: visibilizar ás persoas, colectivos e entidades que recollen, coidan e comparten o noso patriminio inmaterial na provincia da Coruña.

Proxecto para coñecer ás persoas e colectivos que traballan arredor do patrimonio inmaterial

No 2021 impulsamos Saberes Próximos co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural.

Un proxecto para visibilizar ás persoas, colectivos e entidades que – de maneira profesional ou amadora – recollen, coidan e comparten os nosos saberes.

Danza, música, contos, costumes, oficios, xogos,… En definitiva, os coñecementos vinculados ao noso patrimonio inmaterial que, ata non hai moito, pasaban de xeración en xeración.

Saberes Próximos parte dunha investigación e recompilación de información no ámbito da provincia da Coruña, comisariada pola historiadora e xestora cultural Sara Fraga. Unha profesional que conta, ademáis, con ampla experiencia na recollida e divulgación de patrimonio inmaterial.

Coa información que recolleu, en moitos casos facilitada polas persoas e colectivos cos que contactou, xerouse unha base de datos, aberta a medrar no futuro, que pode visitarse en www.saberesproximos.gal

Este espazo dixital ofrece á visitante tres formatos de navegación a través dos cales coñecer ás persoas e colectivos que coidan do noso patrimonio inmaterial.

Traballamos con:

Proxecto propio

Cando?

Activo, desde 2021.

Sitio Web:

Queres que falemos sobre este proxecto?

Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!

Subir