Saberes Próximos
No 2021 impulsamos Saberes Próximos co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural. Este proxecto naceu coa vontade de coñecer e visibilizar ás persoas, colectivos e entidades que –de maneira profesional ou amadora– recollen, coidan e comparten os nosos saberes.
Danza, música, contos, costumes, oficios, xogos… Saberes que ata hai pouco transmitíanse de xeración en xeración e que agora atopan novos espazos de divulgación e recoñecemento.
O proxecto parte dun proceso de investigación e recompilación de información no ámbito da provincia da Coruña, comisariado pola historiadora e xestora cultural Sara Fraga, quen conta con experiencia na recollida e divulgación do patrimonio inmaterial.
Coa información recompilada, na súa maioría facilitada polas propias persoas e colectivos contactados, creouse unha base de datos aberta e en continua evolución, dispoñible en saberesproximos.gal. Este espazo dixital permite explorar as persoas e colectivos que coidan do noso patrimonio inmaterial a través de diferentes formatos de navegación.
Dirixido a…
Investigadores/as, colectivos e persoas interesadas na preservación e transmisión do patrimonio inmaterial galego, así como administracións locais e axentes culturais que buscan referencias e contactos dentro deste ámbito.
O que fixemos
- Comisariado, investigación e mapeado de iniciativas.
- Colaboración con concellos para a identificación de iniciativas locais.
- Coordinación e desenvolvemento de plataforma dixital interactiva.
- Creación de podcast As Conversas de Saberes Próximos.
- Coordinación de kit formativo en liña sobre creación audiovisual.
O enfoque
A través de Saberes Próximos achegamos ferramentas para coñecer quen está detrás da preservación do patrimonio inmaterial e cales son as súas motivacións. A plataforma dixital ofrece un espazo aberto e en evolución para conectar persoas, proxectos e territorios.
O proxecto estruturouse en varias liñas de traballo:
📌 Mapa dixital interactivo – Unha base de datos viva onde explorar os saberes e os seus protagonistas.
🎙 Podcast «As Conversas de Saberes Próximos» – Unha serie de entrevistas en profundidade con persoas dedicadas á transmisión do patrimonio.
🎥 Kit Formativo de Creación Audiovisual – Un recurso para axudar ás persoas mapeadas a crear contidos propios, desenvolvido en colaboración con Merenda Creativa.
O equipo
- Sara Fraga – Comisariado e investigación
- Sergio Lago – Coordinación xeral
- Laura R. Duarte – Coordinación de contidos dixitais
- Ruth Sousa – Divulgación
Colaboramos con
- Marta Cuba – Deseño gráfico
- Sergi Hernández – Visualización e interactividade de contidos web
- Merenda Creativa – Desenvolvemento do Kit Formativo de Creación Audiovisual
- Jorge Lama (@raivenra) – Produción do podcast As Conversas de Saberes Próximos
Concellos colaboradores
- Concello de Carral
- Concello de Boiro
- Concello de Muxía
- Concello de Muros
- Concello de Sada
Os resultados
📌 Base de datos viva e en expansión – O proxecto recompilou información sobre múltiples persoas e colectivos que preservan os saberes tradicionais. O acceso a este arquivo segue aberto a novas incorporacións. Exploramos ademais diferenres formas de visualización dixital interactiva.
📌 Podcast «As Conversas de Saberes Próximos» – Entrevistas en profundidade con diversas persoas dedicadas ao patrimonio inmaterial.
🔗 Escoita os episodios do podcast aquí: 🎧 As Conversas de Saberes Próximos
📌 Kit Formativo de Creación Audiovisual – Un recurso dispoñible para as persoas e colectivos mapeados en saberesproximos.gal/kit-audiovisual
🔗 Saber máis