A imaxe recolle a unha parte das persoas que participaron na primeira sesión en liña do curso Cultura, digitalización y transformación digital" que dende BenCuriosa desenvolvemos para a Dirección Xeral de Cultura do Goberno de Navarra. Trátase dun moisaico de caras sobre un fondo coa cor corporativa de BenCuriosa e os logos tanto nosos como do Goberno de Navarra

Cultura, digitalización y transformación digital

Para responder á necesidade de actualización de competencias dixitais no sector cultural, BenCuriosa puxo en marcha esta formación para a Dirección General de Cultura del Gobierno de Navarra – Institución Príncipe de Viana, dirixida a axentes culturais de Navarra.

O curso, que se desenvolve integramente en liña, combina sesións presenciais virtuais unha vez por semana con contidos dixitais que permiten ás persoas participantes avanzar ao seu ritmo a través da nosa plataforma formativa propia en rede.bencuriosa.com. A formación estrutúrase arredor de diversos bloques temáticos, que percorren as dimensións clave da transformación dixital na cultura de proximidade.

Dirixido a…

📌 Profesionais da xestión cultural no ámbito público e privado en Navarra.
📌 Persoas que traballan en asociacións, colectivos e proxectos culturais, patrimoniais ou educativos.
📌 Axentes culturais que buscan mellorar as súas competencias dixitais para implementar accións ou planificar estratexias.
📌 Representantes de entidades interesadas en fortalecer a súa presenza e servizos no ámbito dixital.

O que fixemos

📌 Deseño e impartición dun programa formativo integral sobre dixitalización na cultura.
📌 Acompañamento na transición dixital para entidades culturais de proximidade en Navarra.
📌 Creación de contidos dixitais adaptados á realidade e necesidades das organizacións participantes.
📌 Fomento da interconexión e aprendizaxe compartida entre as persoas participantes.


O enfoque

Dentro dos obxectivos formativos destacamos:

📌 Comprender os retos da transformación dixital e o seu impacto na xestión cultural.
📌 Desenvolver estratexias sostibles para conectar cos públicos e comunidades dixitais.
📌 Identificar ferramentas e metodoloxías para traballar en contornas dixitais.
📌 Crear novos espazos de participación cultural e social a través da dixitalización.

Desenvolvemos os contidos formativos seguintes:

📌 A xestión cultural na contorna dixital – Hábitos culturais, fendas dixitais e retos da transformación dixital na cultura.
📌 Dixitalización, seguridade e propiedade intelectual – Competencias dixitais fundamentais.
📌 Colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais – Ferramentas e dinámicas para o traballo dixital.
📌 Públicos e estratexia dixital para organizacións culturais – Desenvolvemento de públicos e novas formas de participación.
📌 Servizos e actividades na Rede – Modelos innovadores e contidos dixitais para a cultura de proximidade.
📌 Comunicación e marketing dixital – Estratexias para fortalecer a presenza dixital das entidades culturais.

Con respecto á metodoloxía: 

📌 40 horas, distribuídas entre 6 e 8 semanas de formación en liña.
📌 Enfoque flexible e práctico – Adaptado ás necesidades laborais e persoais das participantes.
📌 Aprendizaxe dixital ao ritmo de cada participante, con recursos accesibles en todo momento en rede.bencuriosa.com.
📌 Sesións en directo – Espazos de posta en común, titorización e intercambio de experiencias.
📌 Actividades prácticas – Creación de plans de acción dixital adaptados a cada entidade.

O equipo

  • Sergio Lago – Coordinación e docencia.
  • Laura R. Duarte – Soportes web e contidos dixitais.

Os resultados

📌 Maior preparación dos profesionais culturais de Navarra para integrar o dixital nas súas estratexias e servizos.
📌 Unha perspectiva práctica e realista sobre a dixitalización na cultura de proximidade.
📌 Consolidación dunha rede de axentes culturais con novas ferramentas para traballar no contexto dixital.