A Transformación Dixital na Xestión Cultural
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, promoveu en 2020 un plan formativo dirixido a actualizar as competencias dixitais das profesionais da xestión cultural.
O curso, que se desenvolveu de setembro a decembro de 2020, foi unha formación gratuíta e integramente en liña, estruturada en sete cursos temáticos, cunha metodoloxía flexible e combinando contidos dixitais con sesións síncronas semanais.
O obxectivo foi capacitar ás persoas participantes en ferramentas, estratexias e metodoloxías clave para a transformación dixital do sector cultural galego, a través dun espazo de aprendizaxe e intercambio de experiencias.
Dirixido a…
📌 Profesionais da xestión cultural no ámbito público e privado.
📌 Persoas vinculadas a proxectos culturais, artísticos e patrimoniais que desexan actualizar as súas competencias dixitais.
📌 Estudantes e persoas en formación interesadas no impacto da transformación dixital na cultura.
📌 Axentes do sector sociocultural galego, tanto do ámbito profesional como do activismo cultural.
O que fixemos
📌 Coordinación e desenvolvemento dos contidos formativos.
📌 Impartición de módulos formativos adaptados ás necesidades do sector cultural galego.
📌 Creación dun espazo virtual de aprendizaxe e comunidade profesional.
📌 Acompañamento no proceso de adaptación dixital das organizacións culturais participantes.

O enfoque
Dentro dos obxectivos formativos destacamos:
📌 Comprender os cambios e oportunidades que supón a transformación dixital na xestión cultural.
📌 Dotar ás persoas participantes de ferramentas dixitais adaptadas á realidade dos proxectos culturais.
📌 Explorar novas estratexias para a participación, comunicación e xestión de públicos no contexto dixital.
📌 Conectar profesionais e crear redes para compartir experiencias e boas prácticas.
Desenvolvemos os contidos formativos seguintes:
📌 A xestión cultural na contorna dixital – Retos e oportunidades da dixitalización no sector cultural.
📌 Xestión de datos e audiencias culturais – Análise, segmentación e estratexias de participación.
📌 Dereitos dixitais e propiedade intelectual – Aspectos legais no contexto dixital.
📌 Arquivos e documentación dixital – Dixitalización de contidos e preservación de materiais.
📌 Innovación e metodoloxías dixitais – Novas formas de traballo en rede e colaboración.
📌 Marketing e comunicación dixital – Estratexias de promoción en plataformas dixitais.
📌 Experiencias e casos de éxito en transformación dixital – Exemplos inspiradores no ámbito cultural.
Con respecto á metodoloxía:
📌 200 horas, distribuídas entre setembro e decembro de 2020.
📌 Aprendizaxe flexible e participativa, con acceso a contidos dixitais en aberto ata marzo de 2021.
📌 Sesións semanais en directo, para a posta en común e resolución de dúbidas cos docentes.
📌 Titorización e acompañamento, facilitando a aplicación práctica dos contidos nos proxectos das participantes.
📌 Intervención de profesionais referentes no sector cultural e dixital, como André Castelo, Balbina Gándara, Marta Suárez-Mansilla, Diego Parajó, Martí Perramón, Andreu Garrido, Jaime Capilla, Adriana Pazos Ottón, Fermín Blanco, María Yáñez e Xulio Vázquez, entre outros.
O equipo
- Sergio Lago – Dirección do programa, desenvolvemento e coordinación de contidos.
- Laura R. Duarte – Soportes web e contidos dixitais.
- Ruth Sousa – Comunicación e contidos.
Os resultados
📌 Máis de 250 profesionais do sector cultural galego formadas en transformación dixital.
📌 Unha comunidade de aprendizaxe activa, con espazos de intercambio e colaboración.
📌 Aplicación práctica dos contidos en proxectos culturais de proximidade en Galicia.