O CEU en Xestión Cultural achégase aos centros culturais como laboratorios de creación da man de Rosa Ferré

Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, que impulsan e coordinan Marcos Lorenzo e Sergio Lago na USC, recibiu nas súas aulas a unha profesional referente na xestión cultural como é Rosa Ferré, directora de Matadero Madrid.

A visita de Rosa, que compartiu co alumnado desta quinta edición do CEU en Xestión Cultural a súa experiencia sobre centros culturais e laboratorios de creación, despertou o interese de numeroso alumnado de anteriores edicións, que puido compartir co da actual o percorrido que a directora de Matadero realizou sobre a súa propia traxectoria e, por tanto, por “outra maneira de conceber as exposicións” e da construción de “discursos que interesen ás persoas”.

Algunhas das cuestións que abordou no Curso compartiunas tamén no xornal La Voz de Galicia, que publicou unha completa entrevista nas súas páxinas de Cultura que podedes ler desde aquí.

Tamén tedes ao voso dispor a reseña da sesión publicada no blog do Curso.

Subir