Nace BenCuriosa
Hai ano e medio xuntámonos un de Arteixo e outro de Elviña coa idea de pór en marcha un posgrao en xestión cultural en Galicia. A cousa foi para adiante. Unha vez iniciada esa aventura, déusenos por imaxinar novos e meirandes retos.
Coa marca BenCuriosa queremos promover un coñecemento e unha creatividade en común, ao servizo das persoas e colectivos. E en que consiste iso? Pois en novos proxectos de formación, de intercambio profesional, de investigación e desenvolvemento, de colaboración entre cultura, empresa e sociedade, de conexión entre Galicia e o resto do mundo…
Unha aposta por solucións creativas aos desafíos de hoxe, desde unha base cooperativa e coa esixencia artesanal dun traballo rigoroso e ben rematadiño.
Con humildade e alegría. Alá imos!
Sergio Lago e Marcos Lorenzo