O estado de situación da xestión cultural en Galicia e as perspectivas futuras
Organizamos unha concorrida mesa redonda baixo este título dentro da programación oficial de Culturgal 2016, a Feira das Industrias Culturais de Galicia.
Coa revolución dixital, e sobre todo coa crise económica, o sector cultural mudou dun xeito notable. Na actualidade camiñamos cara un novo modelo cunha presenza aminorada do sector público e unha maior necesidade de relación cos públicos e comunidades, de cooperación entre axentes, de proxección exterior, de colaboración co tecido empresarial e de inserción nas contornas dixitais.
- Marián Fernández: socia do Cable Inglés, cooperativa de xestión cultural
- Julio Gómez: creador e co-director de SinsalAudio
- Xavier Campos: actualmente asesor cultural da Deputación da Coruña
Previamente, o alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural na USC tivo a oportunidade de presentar e contrastar ante os mesmos profesionais os proxectos en equipo que están a deseñar durante o curso.
Unha pequena reseña sobre esta xornada en Culturgal está dispoñible no blog colaborativo do Curso.