Da man da nosa colaboradora Beatriz Fontán, participamos na posta en marcha do programa #FormacionEscenaGalega 2021 da Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas. Abordouse o financiamento privado nas artes escénicas, achegando estratexias de patrocinio concretas para o sector. Durante dúas sesións en liña reflexionamos sobre as distintas vías de financiamento nas que encadrar proxectos e acadar, mediante distintas ferramentas, recursos no eido privado.
E tivemos tamén a ocasión de #aprendercompartindo coas experiencias de Artur Trillo (Talía Teatro) e El Sol de York.

Tamén che pode interesar //
CEU Xestión Cultural 2017-18
hannah-olinger-8eSrC43qdro-unsplash
Escribindo poesía. Foto de Hannah Olinger en Unsplash