Esta nova edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas tivo lugar do 2 ao 7 de maio. Desde 2015, é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa, que ten como labor principal poñer en valor sectores como o Audiovisual, (Cinema e Tv), a Industria Musical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Vídeoxogos e sectores onde a creatividade é un activo principal.
A ICC Week de Ourense está formada por Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases que vertebran un programa repleto de actividades que poñen en valor a actividade económica dun sector chave na Europa do século XXI. Trátase dun punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que atopan na provincia de Ourense o marco perfecto para o coworking, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.
O venres 5, na xornada dedicada á xestión cultural en Galicia, houbo dous encontros.
No primeiro, tomaron parte iniciativas nas que entra en xogo o patrimonio e a convivencia na xestión cultural, no ámbito xeográfico da provincia de Ourense.
No segundo dos encontros, para o que se esgotaron todas as entradas, estiveron representados varios festivais de Galicia de varias disciplinas e tivemos como moderador ao noso compañeiro Sergio Lago. Xunto con el, na mesa, para debatir sobre a xestión cultural e os retos culturais creativos en Galicia, atopábanse Alfonso Pato (Festival de Cans), Raquel Rivera (Festival de arte sonoro español de Berlín), Piti Domínguez (O Marisquiño), Ángel Sánchez (Play Doc Tui) e Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico).
Podes acceder á programación completa da semana na web da ICC Week.
|