Encontros físicos para tempos virtuais, reportaxe de CulturaGalega

CulturaGalega, a web do Consello da Cultura Galega, inclúe nas súas noticias deste mes de setembro, unha extensa reportaxe sobre eventos e programas vencellados coa cultura dixital, que inclúe unha entrevista ao noso compañeiro Sergio Lago, co motivo do seu comisariado e coordinación do programa Coruña Dixital.

Neste artigo non só se fala de Coruña Dixital, tamén se nomean o Tek Fest de Pontevedra e o Galicia Maker Faire de Santiago de Compostela, outras iniciativas coas que desde Coruña Dixital se colabora naturalmente.

Podes acceder ao artigo completo aquí.

 

Subir