Na primeira aula do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, o pasado mes de outubro, o compañeiro Marcos Lorenzo fixo un percorrido polas principais magnitudes do sector cultural galego e pola súa evolución recente. Foi unha reflexión crítica, sustentada en cifras oficiais, na que deixou constancia da fonda pegada da crise económica e sinalou algúns elementos clave para a mellora cara o futuro.
Podedes consultar a información esencial neste documento: Cifras para o Diagnóstico da Cultura Galega_ML