O programa Coruña Dixital inicia a súa terceira edición cunha sede para as súas actividades e a posta en marcha do LAIC

O programa Coruña Dixital, impulsado desde a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, inicia unha nova etapa, coordinado e comisariado polo noso compañeiro Sergio Lago e con varias novidades con respecto ás edicións anteriores.

Desde a perspectiva da cooperación empresarial, trátase dunha nova colaboración con Xeneme Proxectos Sociais, dirixida por Diego Parajó, con quen xa temos compartido experiencias de traballo desde Bencuriosa, tanto no CEU en Xestión Cultural como noutras iniciativas formativas ou relacionadas coa innovación social. Dentro do equipo que desenvolverá o programa, contamos tamén con profesionais de referencia no eido dixital como María Yáñez e Ana López.

Para as persoas usuarias, durante os primeiros meses de 2019 o programa comezará cunha novidade, como é o feito de dispor dunha sede no centro Ágora para a meirande parte das súas actividades. En Ágora crearase non só un espazo de formación e lecer en torno á cultura dixital, senón un espazo de encontro  para potenciar a creación de redes, sinerxias e coñecemento entre as persoas e entidades que na cidade traballan, a nivel amador ou profesional, neste ámbito.

Coruña Dixital bota a andar tamén cunha nova edición do LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación, que tamén ten as súas propias novidades e liñas de traballo, e mantendo o obxectivo de visibilizar entidades e facilitar propostas encamiñadas a desenvolver iniciativas dixitais colaborativas, sustentables e enriquecedoras para a cidadanía.

De todas as novidades e propostas da terceira edición de Coruña Dixital teredes información puntual na súa web, á que podedes acceder desde aquí.

Comments (2):

  • O #LAIC de Coruña Dixital: experimentación colectiva e coñecemento aberto para a cidadanía | BenCuriosa

    […] O programa Coruña Dixital inicia a súa terceira edición cunha sede para as súas actividades e a … […]

  • El #LAIC de Coruña Dixital: experimentación colectiva y conocimiento abierto para la ciudadanía | BenCuriosa

    […] Audiovisual de Innovación y Creación de A Coruña, impulsado desde la Concejalía de Culturas del Ayuntamiento de A Coruña y que coordina nuestro co…, cierra una etapa: la de la experimentación y aprendizaje colectivo en torno a tres ejes […]

Subir