O estado de situación da xestión cultural en Galicia e as perspectivas futuras

Organizamos unha concorrida mesa redonda baixo este título dentro da programación oficial de Culturgal 2016, a Feira das Industrias Culturais de Galicia.

Coa revolución dixital, e sobre todo coa crise económica, o sector cultural mudou dun xeito notable. Na actualidade camiñamos cara un novo modelo cunha presenza aminorada do sector público e unha maior necesidade de relación cos públicos e comunidades, de cooperación entre axentes, de proxección exterior, de colaboración co tecido empresarial e de inserción nas contornas dixitais.

Neste novo contexto *s profesionais da xestión cultural precisamos de novas capacidades, actitudes e coñecementos para desenvolver con éxito os nosos proxectos.
Para esta conversa, moderada por Marcos Lorenzo, contamos con tres profesionais de referencia no noso territorio:

 

Previamente, o alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural na USC tivo a oportunidade de presentar e contrastar ante os mesmos profesionais os proxectos en equipo que están a deseñar durante o curso.

Unha pequena reseña sobre esta xornada en Culturgal está dispoñible no blog colaborativo do Curso.

Subir