Xestión Cultural

Comezamos na USC un novo Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural

07/10/2016

Arrinca a terceira edición desta exitosa proposta formativa para profesionais, o Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, con case trinta alumn*s procedentes de ámbitos moi variados.

Xunto con Isabel Neira e Gonzálo Rodríguez, da USC, Marcos Lorenzo e Sergio Lago déronlles a benvida a esta formación para a nova acción cultural, lémbrandolles os obxectivos principais do Curso:

– dotal*s de coñecementos e destrezas precisas para concibir e coordinar un proxecto cultural na súa integridade, garantindo a súa viabilidade económica e impacto social.

– facilitar a transición do sistema cultural galego cara novos modelos sostibles, con maior énfase na captación de recursos, no uso das novas tecnoloxías, na cooperación con outros sectores económicos e na vinculación cos públicos finais.

– vinculal*s con algúns profesionais máis destacados da xestión cultural galega e peninsular e coas principais institucións culturais da Comunidade.

– estimular a súa capacidade para xerar proxectos innovadores que respondan ás necesidades de colectivos e territorios.

Tamén está dispoñible no blog colaborativo do curso un resumo da sesión.

Outras publicacións do proxecto