Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19
En resposta á crise da Covid-19, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha entre maio e xuño de 2020 o ciclo Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19, un espazo de análise sobre os desafíos, ferramentas e estratexias que poderían activarse a curto, medio e longo prazo no contexto municipal e de proximidade.
O ciclo estivo coordinado por Sergio Lago, como membro da Comisión Técnica de Políticas e Xestión Cultural do Consello da Cultura Galega, e estruturouse arredor de tres encontros en liña e a publicación dun informe final. Este documento sintetiza as ideas e propostas xurdidas durante o proceso e aborda os principais retos da xestión cultural local e das políticas públicas no ámbito da cultura.

Dirixido a…
? Responsables e técnicos/as de cultura en administracións locais.
? Xestores/as culturais e axentes vinculados á programación e produción cultural.
? Investigadores/as e profesionais interesados no impacto da pandemia na cultura.
O que fixemos
? Coordinación do ciclo de encontros e análise dos seus resultados.
? Estudo das principais preocupacións da xestión cultural municipal trala crise sanitaria.
? Recollida de reflexións inspiradoras sobre estratexias innovadoras no contexto local.
? Publicación dun documento de traballo con ferramentas prácticas para a reactivación da actividade cultural.
O equipo
- Sergio Lago – Dirección do ciclo e do informe.
Participantes nos encontros en liña
? Onde estamos? Cara onde camiñar?
Unha sesión moderada por Marcos Lorenzo na que participaron Alberto García (Boiro), Juan Antonio Seara (Allariz) e Pilar Portela (Pontevedra), centrada en avaliar o impacto da crise na xestión cultural municipal.
? Reflexións inspiradoras
Un debate con Marián Fernández (O Cable Inglés), Mª Camino Barcenilla Tirapu (Institución Príncipe de Viana) e Pau Rausell (Econcult), que achegaron modelos e experiencias para repensar a xestión cultural no novo contexto.
? Estratexias e ferramentas
Mesa de traballo con diversos perfís profesionais:
? Cultura en directo – Julio Gómez (Sinsal), Xosé Manuel Blanco (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Encarna Lago (Rede Museística Provincial de Lugo).
? Tecido cultural e territorio – Dani Cánovas (Padroado da Cultura de Narón), Emi Candal (Urdime, Espazocoop) e Fran G. Quiroga (axente cultural).
? Novos formatos – Vanesa Siso (Concello de Vilalba), Nacho Fungueiriño (Culturactiva) e Marcos López (Viva Lugo).
? Transformación dixital – Carmen Suárez (Dinamizadora TIC, San Sadurniño), María Yáñez (Vinte), Ruth Sousa (BenCuriosa).
Os resultados
? Publicación dun informe final – Recollida das ideas e propostas debatidas, con información práctica sobre a reactivación da actividade cultural. O documento aborda tamén novas prácticas no ámbito dixital e reflexións sobre a sustentabilidade da xestión cultural local: Ler o informe
? Gravacións e información detallada dispoñibles dos encontros en liña: Ver todas as sesións
? Espazo de debate e aprendizaxe para profesionais da xestión cultural local, xerando propostas que apostan por proxectos máis sostibles e de maior impacto.
? Saber máis






