Carlos Lorenzo presenta o informe ante asistentes á xornada na Casa de Cultura de Carral.

Os Certames Galegos de Poesía

A poesía é probablemente o xénero que mellor identifica a literatura galega no mundo. Porén, a súa presenza entre o público lector continúa a ser reducida. En Galicia, múltiples entidades dinamizan a poesía a través de certames que fomentan a escrita e a lectura deste xénero. Mais non existía ata agora unha análise suficiente sobre o seu impacto real na creación, venda e lectura de poesía.

Coordinado por Carlos Lorenzo Pérez (Concello de Carral), Os Certames Galegos de Poesía. Unha análise de como contribúen a dinamizar a literatura no s. XXI é un estudo que recolle información sobre preto de trinta certames galegos de poesía, analizando a súa evolución, obxectivos, impactos e retos de futuro.

O estudo foi presentado o 9 de xuño de 2022 na Casa da Cultura de Carral, dentro da xornada Os certames de poesía como motores dunha literatura propia, celebrada no marco da iniciativa A Cultura é un Dereito da Deputación da Coruña. Neste encontro creouse un espazo para valorar a contribución dos certames e debater sobre novos modelos de premios poéticos.

Dirixido a…

📌 Profesionais da xestión cultural e promoción literaria.
📌 Organismos públicos e entidades que organizan certames de poesía en Galicia.
📌 Escritores/as, editoriais e axentes do sector cultural interesados no impacto dos premios poéticos na creación e difusión da literatura galega.

O que fixemos

📌 Recollida e procesamento de datos sobre certames de poesía en Galicia.
📌 Análise das súas dinámicas, impacto e relevancia na promoción da poesía galega.
📌 Identificación de boas prácticas e retos de futuro para mellorar a súa efectividade.
📌 Difusión dos resultados a través dun informe e dunha xornada de debate.

O equipo

  • Sergio Lago – Coordinación da recollida e procesamento de datos.

Colaboramos con

  • Carlos Lorenzo – Coordinación do estudo.
  • María Fariña Fachal – Apoio na recollida e procesamento de datos.

Os resultados

📄 Informe completo dispoñible en:
🔗 Estudo Certames de poesía.
🔗 Decálogo para os certames de poesía do segundo cuarto do século XXI.

🎥 Gravación da xornada de presentación do informe, que inclúe diversas conferencias e mesas redondas: