Artesanías Dixitais
Artesanías Dixitais. Creatividade emerxente en Galicia é un webdoc divulgativo de produción propia sobre as posibilidades profesionais e artísticas da tecnoloxía en Galicia. A través deste documental web multimedia, exploramos diversas profesións vinculadas ao ámbito dixital, desde novos enfoques laborais ata oficios tradicionais que incorporan a tecnoloxía como ferramenta esencial.
O proxecto ten como obxectivos:
? Divulgar as posibilidades laborais e artísticas do eido dixital.
? Aportar unha perspectiva igualitaria e interxeracional da tecnoloxía.
? Reforzar o galego como idioma da creación e difusión dixital.
? Desmontar a idea de que unha carreira tecnolóxica non se pode desenvolver en Galicia.
A través do testemuño de doce profesionais da programación, deseño de videoxogos, ilustración dixital, recreación histórica en 3D ou arte dixital, o webdoc pon en valor o traballo artesanal que existe tamén nas disciplinas tecnolóxicas: requiren coñecemento, destreza e moitas horas de adicación. Moitas veces, o primeiro deseño segue comezando cun simple boceto sobre papel.
O que fixemos
? Investigación e recollida de testemuños de profesionais do sector dixital en Galicia.
? Desenvolvemento dun webdoc interactivo como ferramenta divulgativa.
? Visibilización das oportunidades do sector tecnolóxico en Galicia, apostando polo galego como lingua da innovación dixital.
O equipo
- Antón Varela – Comisariado e realización integral do webdoc interactivo.
- Sergio Lago e Laura R. Duarte – Coordinación e estrutura dixital.
Colaboramos con
- Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Secretaría Xeral de Política Lingüística), que apoiou a iniciativa.
Os resultados
? Un webdoc accesible en aberto, para achegar ao público as posibilidades da tecnoloxía en Galicia.
? Unha aposta pola divulgación da creatividade dixital no noso idioma.
? Un recurso que inspira novas xeracións a explorar o potencial do dixital no territorio.
? Saber máis









