O Pazo de Mariñán, en Bergondo, acolleu o Curso de Xestión de Políticas Culturais, no que deseñamos os contidos do plan de formación agrupado da Deputación da Coruña. Entre o 13 e o 27 de novembro, 70 profesionais da xestión cultural e animación sociocultural, ademais de persoal de museos e centros de interpretación da provincia, achegáronse a varias cuestións: aos grandes temas sobre os que se apoia o traballo no sector público da cultura.
Así, falouse de deseño e avaliación de políticas culturais, de participación cidadá e relación coa comunidade e de tendencias e boas prácticas na xestión cultural en Galicia. Ademais de abordar os novos modelos de xestión de equipamentos culturais, a xestión integral dos públicos e a diversificación financeira e a cooperación público-privada-social.
Entre os docentes que participaron nas sesión formativas estiveron Ana Lorenzo, Armando Broz, Alberto de Boiro, Araceli Corbo, Uxío Novo, Beatriz Fontán e Diego Parajó, ademais de Marcos Lorenzo e Sergio Lago.