
Analizar e comprender
Colaboramos con entidades públicas e privadas para avaliar, reflexionar e interpretar mellor o seu ecosistema de acción.
Analizamos tanto o funcionamento interno como o contexto no que operan —sexa unha comunidade, un territorio ou un sector específico— para identificar necesidades e retos actuais, xerando información útil que facilite unha toma de decisións fundamentada.
Algúns dos servizos que realizamos son:

Definir estratexias
Acompañamos a entidades públicas e organizacións culturais no deseño e posta en marcha de estratexias que lles permitan avanzar con sentido.
Axudamos a deterse, analizar e repensar o camiño, para logo activar propostas estratéxicas adaptadas ao contexto, con planificacións realistas e sostibles.
Algúns dos servizos que realizamos son:

Facer e contar
Desenvolvemos proxectos integrais de xestión cultural, combinando creatividade, planificación e coidado nos procesos para dar vida a experiencias significativas e centradas nas persoas.
Traballamos con visión transversal, desde a idea ata a execución. Apostamos por formatos que fagan da cultura un espazo acolledor, compartido e transformador.
Algúns dos servizos que realizamos son:

Aprender
Desde a experiencia acumulada na investigación e na práctica profesional, deseñamos espazos de aprendizaxe compartida e accións de divulgación que conectan coñecemento, creatividade e comunidade.
Organizamos xornadas divulgativas, encontros profesionais e programas formativos, tanto en formato presencial como dixital, combinando contidos coidados con metodoloxías activas e participativas.
Algúns dos servizos que realizamos son:

Coñece algúns exemplos do noso traballo
Profesionais, organizacións e administracións
Para quen o facemos

Para profesionais coma ti
Ofrecemos propostas formativas e abrimos espazos divulgativos sobre os retos da profesión onde investigar, compartir e aprender xuntas.

Para organizacións culturais, educativas e sociais
Desde a nosa experiencia práctica, acompañamos en procesos de reflexión estratéxica e formación interna. Ademáis de deseñar, desenvolver e comunicar proxectos e actividades.

Para administracións públicas e asociacións profesionais
Desenvolvemos proxectos de reflexión e vertebración sectorial, asesoramento en políticas culturais, capacitación de axentes e programacións divulgativas.
Interésache o que facemos?
Tanto se queres coñecer mellor algún dos nosos proxectos, colaborar connosco ou contratar os nosos servizos, escríbenos!