Facer e contar

Experimentando co relato dixital

A imaxe recolle un momento do obradoiro impartido por BenCuriosa sobre mapas dixitais e colaborativos. De pé, fronte ao alumnado, que está sentado seguindo as explicacións, vemos a María Masaguer e Ruth Sousa. Todas as persoas levan máscara, xa que o obradoiro celebrouse durante o período de medidas de precaución trala pandemia.

Proxectos colectivos nos que aprender a empregar recursos dixitais, como fotos, vídeos ou mapas, para reflexionar sobre case todo. Creando contido e conectando persoas.

Hai ferramentas tecnolóxicas complexas pero outras moito máis sinxelas e que están ao alcance das nosas mans. Permítennos desenvolver a nosa creatividade, pero, máis alá diso, permítennos ser quen de desenvolver o noso propio relato.

As cousas que nos importan, as que nos preocupan, o patrimonio do lugar no que vivimos ou a memoria da nosa comunidade… Todo pode conterse nun formato dixital sinxelo que nos permita desenvolver unha narrativa e compartila.

Conectamos a persoas que queren contar cousas con posibilidades creativas asequibles no eido dixital.

Facémolo con:

  • Obradoiros nos que aprender e experimentar
  • Charlas divulgativas
  • Mediación de procesos de creación colectiva
  • Desenvolvemento de narrativas

Traballamos con:

  • Arquitectura sen Fronteiras
  • Concello de Ferrol

Máis información en:

Queres que falemos sobre este proxecto?

Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!

Subir