A finais do 2020 puxemos en marcha, co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de proxectos singulares de especial interese cultural, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital.
Un proxecto que conecta a creadores e profesionais do eido dixital co tecido asociativo de concellos da contorna rural. O obxectivo, favorecer o intercambio de saberes e o acceso da cidadanía ás posibilidades que para a divulgación, comunicación e creación de contidos ofrece o eido dixital.
Para isto, desenvolvéronse varios obradoiros. Inicialmente contemplouse a posibilidade de facelos semi-presenciais, pero a situación da covid obrigou a desenvolvelos integramente en liña, para o que empregamos a nosa propia plataforma dixital e deseñamos un percorrido formativo adaptado a esta circunstancia.
Os axentes creativos implicados na primeira edición dos Labs foron os creadores audiovisuais Merenda Creativa, a produtora Illa Bufarda e o colectivo Gingko, xunto co equipo de BenCuriosa apoiado polo creador audiovisual Antón Varela e a especialista en procesos participativos e patrimonio María Masaguer.
Da súa man, os Laboratorios Itinerantes ofreceron os seguintes obradoiros:
90 persoas, relacionadas con 35 entidades (asociacións de veciños, culturais, de mulleres, ecoloxistas, etc,…) e diversas (de diferentes idades, intereses e niveis de autonomía dixital, incluídas persoas sen coñecementos previos) participaron nesta proposta de experimentación e aprendizaxe, da que podes saber máis aquí.
Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!