Activamos políticas culturais municipais innovadoras para dar resposta a unha nova demanda cultural: a de persoas que buscan contornas colaborativas, horizontais e abertas, onde poder experimentar activamente coas novas ferramentas e procesos creativos dixitais.
Deseñamos estratexias e programas municipais que promoven a cultura dixital, entendida non só como un conxunto de expresións artísticas e creativas en soporte dixital , senón como todas aquelas novas prácticas culturais, creativas e sociais que se producen pola influencia das novas tecnoloxías.
O obxectivo principal é facilitar a adquisición das competencias dixitais clave para a cidadanía, tomando como referencia o Marco Europeo neste eido, especialmente no que respecta a:
Traballamos DINAMIZANDO, CONECTANDO e FACILITANDO iniciativas para a mellora das competenciais dixitais da cidadanía desde un enfoque sociocultural e comunitario, co que ofrecer unha innovadora resposta, dende o ámbito público municipal, a esta complexa dimensión.
Tamén programamos ACCIÓNS FORMATIVAS e DIVULGATIVAS que conectan persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento de proxectos innovadores.
A través da comunicación dixital, damos VISIBILIDADE ante a cidadanía á oferta municipal de todas as áreas con compoñente dixital, así como ás entidades, colectivos, espazos e eventos da cidade onde inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital.
Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!