Conferencia sobre Cooperativismo e cultura en Valladolid
O noso compañeiro Marcos Lorenzo foi convidado a impartir en Valladolid a conferencia “Cooperativismo & Cultura: unha alianza necesaria”, dentro das Xornadas TIC’15: Cultura-Co, organizadas pola Consejería de Cultura y Turismo de la Junta de Castilla y León (Cultura).
O programa deste encontro profesional estaba dedicado ese ano á cultura colaborativa presentándose proxectos culturais, tanto públicos como privados, nos que existe un compoñente determinante de participación e de colaboración entre distintos axentes culturais, e tamén un fin social.
A intervención serviu para presentar o extenso informe que co mesmo nome realizaron Marcos e Nova Xestión Cultural.