Xestión Cultural

Retomamos as aulas en 2016 da man de Jaume Colomer

15/01/2016

Estreamos o novo ano retomando as aulas do Curso de Experto en Xestión Cultural cunha magnífica sesión impartida polo gran experto en xestión de públicos Jaume Colomer.

Este profesor de Xestión Cultural na Universidat de Barcelona é Director do BISSAP, consultoría especializada en artes escénicas. Coordina a secretaría técnica do Cercle de Cultura e de La Unión de Asociaciones Empresariales de la Industria Cultural Española. Comisario de Mercartes e autor de decenas de artigos sobre cultura e educación así como do recente manual de marketing cultural La formación y gestión de públicos escénicos en una sociedad tecnológica (2013).

Jaume explicou en que grao a xestión personalizada dos públicos constitúe a acción máis importante que podemos levar a cabo para o desenvolvemento óptimo dos proxectos culturais en contextos de dificultade como o actual. E achegounos, asimesmo, ferramentas e prácticas para poder levala a cabo con éxito.

O resumo da experiencia está dispoñible no Blog do Curso, elaborado, nesta ocasión, pola compañeira Cristina Sáinz de la Maza: edu.xestioncultural.com/blog/

Outras publicacións do proxecto