Xestión Cultural

Unha xornada de encontro profesional para pechar o primeiro trimestre

18/12/2015

O Curso de Experto en Xestión Cultural 2015/16 da USC trasladouse por un día á sede do Consello da Cultura Galega. Nesta sesión especial, puidemos contrastar os proxectos dos equipos de alumn*s e compartir unha mesa redonda con tres grandes profesionais da Xestión Cultural: Encarna Lago (xerente da Rede de Museos de Lugo), Julio Gómez (director de Sinsal Audio) e Vítor Belho (socio consultor de Nordesía e director de Womex).

Coma sempre, o resumo da experiencia está dispoñible no Blog do Curso, elaborado, nesta ocasión, pola compañeira Marta Gómez: edu.xestioncultural.com/blog/

Outras publicacións do proxecto