publicaciónsXestión Cultural

Aprender Compartindo: cultura e innovación cidadá

10/02/2017

No Curso de Experto en Xestión Cultural na USC partillamos un resumo de cada sesión semanal, relatada de primeira man pol*s compañeir*s nun blog colaborativo. Seguimos así un dos lemas básicos desta experiencia formativa: #aprendercompartindo

Para mostra, as últimas achegas que nos trouxo Juan Freire sobre cultura colaborativa e innovación cidadá e que a compañeira Andrea A. Pino soubo trasladar de xeito excelente nesta publicación.

Juan Freire, que repite docencia no noso Curso, é experto en estratexias de innovación e actualmente desenvolve tarefas de investigación, consultaría e coordinación de proxectos nos ámbitos organizacional, ambiental, cultural, dixital e educativo.

O Blog do Curso, con todas as sesións destas tres edicións, está dispoñible no enlace edu.xestioncultural.com/blog/

Outras publicacións do proxecto