Arte, recuperación patrimonial e memoria colectiva nas primeiras propostas do alumnado do CEU en Xestión Cultural da USC

O Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural, que Marcos Lorenzo e Sergio Lago impulsan e coordinan na USC, finalizou a súa primeira etapa, coincidindo coas vacacións de Nadal, e fíxoo cunha posta en común dos anteproxectos do alumnado, que esta edición apostan pola recuperación histórica e patrimonial coa mocidade na vila de Cangas, pola creación artística multidisciplinar creando sinerxias entre comercio e entidades culturais no barrio compostelán de San Pedro, pola vinculación da fundación Luis Seoane e o barrio no que se ubica mediante a memoria colectiva e un festival de música e mar na vila mariñeira de Boiro.

Como vén sendo habitual en todas as edicións, esta primeira exposición fíxose en formato pechakucha diante d*s compañeir*s e titores e de profesionais do sector cultural. Nesta ocasión, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Paula Cabaleiro, comisaria de arte e directora do  museo de arte contemporáneo Fundación Florencio de la Fuente (Cuenca) e Julio Gómez, promotor musical e director de Sinsal.

Ademais, os tres protagonizaron unha conversa aberta co alumnado para falar de tres cuestións fundamentais e sobre as que son precisas metodoloxías concretas, máis alá da boa vontade d*s xestor*s culturais, como son a inclusión, a igualdade e a sostibilidade.

Convidámosvos  a coñecer polo miúdo os anteproxectos d*s alumn*s da 5ª edición do CEU en Xestión Cultural e o que Encarna, Paula e Julio aportaron sobre inclusión, igualdade e sostibilidade no blog do Curso, ao que podedes acceder desde aquí.

Subir