Presentación no Museo Provincial de Pontevedra do proxecto Saberes Próximos. De pé, diante dun gran número de persoas tamén de pé, Sara Fraga explica os detalles do proxecto

Levamos os nosos Saberes Próximos ás Xornadas de Museos e Educación Patrimonial

O Museo Provincial de Pontevedra acolle estes días a segunda edición das Xornadas de Museos e Educación Patrimonial, que se celebran baixo o lema Construíndo futuros dende a educación. Estas xornadas teñen como obxectivo conectar a persoas vinculadas á educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal. E xiran arredor de tres eixos:…

Momento previo á gravación do podcast. Sara Fraga repasa os seus apuntamentos, na mesa na que está o material de gravación, ordenado por Jorge Lama e listo para empregar: micrófono, auriculares e distribuidor de audio.

Saberes Próximos, tamén para escoitar

O proxecto Saberes Próximos, que impulsamos o pasado 2021 co apoio da Deputación da Coruña, segue ofrecéndonos contidos arredor do no noso patrimonio. Hai unhas semanas dábamoslle a benvida á web do proxecto, na que podes navegar por unha rede de persoas e colectivos que recompilan, gardan e divulgan a memoria e os coñecementos populares….

Primeiros pasos do mapeado de Saberes Próximos

Primeiros pasos do mapeado de Saberes Próximos

Saberes Próximos comezou a dar os seus primeiros pasos: a recollida de información. Estamos a buscar persoas e colectivos que recollen e divulgan o noso patrimonio inmaterial da provincia da Coruña. Pero, como chegamos a eles?   En saberesproximos.gal calquera axente pode anotarse de maneira autónoma no formulario. Pero imos máis alá.   Nun proxecto…

saberes-proximos-cabeceira

Saberes Próximos: un proxecto para coñecer ás persoas e colectivos que recollen e divulgan o noso patrimonio inmaterial

Dende Bencuriosa activamos Saberes Próximos: un proxecto que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través do seu programa de proxectos singulares, e que comeza a súa andaina cun proceso de recollida de información. Esta primeira fase está aberta á participación. O seu obxectivo é coñecer ás persoas e colectivos que recollen e divulgan…