Cuidarnos, para cuidar de la cultura
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) impulsa o proxecto Coidar de Nós, para coidar da cultura coa intención de abordar a sustentabilidade e as condicións laborais das persoas que traballan na xestión cultural.
Unha reflexión colectiva, que deseñamos e coordinamos desde o inicio, que busca avanzar cara a modelos de traballo máis sustentables, desde o recoñecemento profesional ata a saúde e o benestar das persoas que sosteñen a actividade cultural nos seus territorios.
Dirixido a…
📌 Profesionais da xestión cultural, tanto do ámbito público como privado.
📌 Persoas autónomas, cooperativas ou integradas en pequenas entidades culturais.
📌 Estudantes e persoas en proceso de incorporación ao sector cultural.
📌 Entidades públicas e axentes interesados en mellorar as condicións laborais no sector.
O que fixemos
📌 Deseño e coordinación técnica do proxecto e das actividades desde o seu inicio.
📌 Comisariado e coordinación de encontros profesionais.
📌 Desenvolvemento de contidos divulgativos e formativos.
📌 Xestión de espazo web e documentación de resultados.
📌 Facilitación de procesos participativos e metodoloxías colaborativas.
O enfoque
Coidar de Nós, para coidar da cultura nace, sen sabelo, nun deses encontros nos que a invitación partía de compartir “boas prácticas” na nosa profesión. Aquelas nas que adoitamos reflexionar sobre como facer mellor o noso traballo, como deseñar proxectos máis impactantes, como chegar a máis públicos ou como acadar un maior recoñecemento social. Porén, aquel día, xurdiron outras preguntas, tan necesarias como pouco habituais: existen condicións sostibles para facer o noso traballo? Podemos xerar colectivamente mellores condicións para todas e todos nós? Como estamos realmente?
Fronte á normalización do malestar, propuxemos parar, compartir e pensar colectivamente. Porque se un sistema precisa queimar a quen o sostén, hai algo que debemos revisar. E facelo non só desde a queixa, senón tamén desde a procura de ferramentas, referentes e solucións prácticas.
O tempo, a saúde e a sostibilidade convertéronse así nas chaves para repensar os ritmos e dinámicas do noso sector, tanto desde o público como desde o privado. Para poder coidar da cultura, cómpre —polo menos— comezar por coidarnos entre nós.
O equipo
Sergio Lago – Deseño, coordinación e elaboración de contidos
Ruth Sousa – Apoio técnico e revisión de contidos
Colaboramos con:
Adriana Castro Tarela e Mon Rivas (AGPXC) – Produción e xestión de eventos
Arancha Estévez – Comunicación
Triwus – Deseño gráfico e web (2022–23)
Coma – Imaxe gráfica (2024)
Pablo Chouza – Fotografías dos encontros presenciais
Os resultados
📌 Fase inicial (2022–2023)
- Mesa de traballo participativa e conversa aberta en Culturgal (novembro 2022).
- Xornada profesional no Castelo de Soutomaior (marzo 2023).
- Formación online “Xestionar a cultura en clave de sustentabilidade”, con María Baqueiro e colaboracións de Giada Calvano, Jone Pérez e Arancha Estévez (marzo 2023).
- Creación do espazo dixital coidardenos.xestoresculturais.gal, como repositorio de recursos, reflexións e experiencias inspiradoras.
📌 Nova fase (2024)
Con apoio da Deputación da Coruña, desenvolveuse unha nova fase con varias liñas de acción:
- Participación no X Encuentro Cultura y Ciudadanía (Ministerio de Cultura)
- Ciclo de encontros «Se chego a sabelo antes!» Seis encontros temáticos sobre:
- Xestión cultural nas administracións públicas
- Primeiros pasos laborais
- Traballo por conta propia e prezos
- Fórmulas colectivas
- Saúde mental e coidados
- Organización e ferramentas colectivas
Recursos abertos xerados
📌 Web colaborativa: coidardenos.xestoresculturais.gal
📌 Gravacións, recursos e materiais formativos
📌 Banco de experiencias inspiradoras
🔗 Saber máis