Behind-the-scenes of a photo shoot with a diverse team working together in a São Paulo studio.

Economía Naranja y Economía Social en la Eurorregión Galicia y Norte de Portugal

En 2024, analizamos e desenvolvemos un informe sobre o potencial da Economía Social no contexto da Economía Laranxa na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Un traballo no que colaboramos con O Cable Inglés para identificar oportunidades, retos e modelos innovadores de emprendemento social vinculados ao sector cultural e creativo.

Dirixido a…

📌 Profesionais e entidades da Economía Social e das industrias culturais e creativas.
📌 Administracións públicas e axentes de desenvolvemento local e transfronteirizo.
📌 Investigadores/as e consultores/as interesados na intersección entre cultura, economía social e innovación.

O que fixemos

  • Análise da importancia da Economía Laranxa e o seu impacto na innovación e no emprego no territorio.
  • Estudo do potencial da Economía Social como motor de desenvolvemento e sustentabilidade na Economía Laranxa.
  • Identificación de oportunidades de emprendemento cooperativo e propostas de accións estratéxicas.
  • Revisión de modelos e casos de éxito na Economía Social creativa en Galicia e o Norte de Portugal.

O equipo

  • Sergio Lago – Coordinación do informe e consultoría.
  • Marcos Lorenzo – Consultoría e análise de datos.

Colaboramos con

  • O Cable Inglés 
  • EspazoCoop

Os resultados

Este traballo ofreceu unha visión actualizada do impacto da Economía Laranxa e a súa relación co cooperativismo e outras formas de Economía Social, destacando o seu papel clave na retención de talento, a innovación e a creación de emprego sustentable na Eurorrexión.