A 3ª edición do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural segue a avanzar

“A cultura é o sistema de base da innovación”.

Con Pau Rausell, un dos maiores expertos estatais en economía da cultura, despedimos o primeiro trimestre da terceira edición do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural na USC.

Profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universitat de Valéncia, onde dirixe a “Área de Investigación en Economía Aplicada á Cultura” (Econcult), Pau Rausell é un dos maiores expertos estatais en economía da cultura. Participa como investigador principal en numerosos proxectos europeos e iberoamericanos e tamén colabora asiduamente na prensa escrita e radio.

O pasado 16 de decembro, achegámonos con el á Economía da cultura, dos mercados e das industrias culturais.

A información da sesión está disponible, como todas as demais, no blog colaborativo do Curso.

Subir