Lluís Bonet: O valor económico da cultura e o patrimonio

“Canto pesa o sector cultural no PIB? Que impacto económico ten un festival de música ou de cine? Que papel pode desempeñar un monumento ou unha especialidade gastronómica no desenvolvemento territorial?”

Sobre estas cuestións tivemos a ocasion de aprender cun dos maiores expertos internacionais en Economía da Cultura, Lluís Bonet, nunha conferencia celebrada no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas da USC e organizada polo noso Curso de Formación en Xestión Cultural na Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Fundacion Cidade Da Cultura de Galicia.

Lluís Bonet é profesor da Universitat de Barcelona e director da área de posgraos en xestión cultural. Considerado o maior experto peninsular en Economía da Cultura, exerce como consultor da UE e da UNESCO, e ten impartido conferencias en máis de 40 países.

No blog do Curso tedes o resumo das claves que nos achegou para a análise económica do sector cultural e a posta en valor dos recursos patrimoniais: edu.xestioncultural.com/2016/05/o-valor-economico-da-cultura-e-o-patrimonio-lluis-bonet/

#‎TurismoCultural‬ ‪#‎ONosoConta‬

Subir