publicaciónsXestión Cultural

Aprender compartindo: seis proxectos en marcha e moitas reflexións sobre igualdade, sostibilidade e accesibilidade

21/12/2017

A cuarta edición do CEU en Xestión Cultural da USC  afronta unha nova etapa, xa centrada no desenvolvemento dos proxectos do alumnado. Os seis equipos formados ao inicio das aulas decidiron primeiro o lugar no que traballar e, cos datos recabados no proceso de diagnose, definiron as súas propostas.

Seguindo o lema #aprendercompartindo sobre o que se sustenta o curso, as alumnas e alumnos presentaron nunha sesión os seus anteproxectos en formato pechakucha diante da aula e de tres profesionais –Julio Gómez, Encarna Lago e Paula Cabaleiro- cos que puideron falar sobre as súas propostas. Os detalles dos seis proxectos están dispoñibles nesta publicación do blog colaborativo do curso.

Do mesmo xeito, tamén é posible ler aquí todo sobre a segunda parte desa mesma sesión, que consistiu nunha conversa aberta entre Encarna Lago, Paula Cabaleiro e Julio Gómez e o alumnado, sobre cuestións de tanta importancia como SOSTIBILIDADE, ACCESIBILIDADE e IGUALDADE.

Pero, ademais de aprender compartindo o alumnado aprende facendo. Por iso, no blog colaborativo do curso pódense ler as achegas feitas por tod@s sobre as sesións celebradas ata o de agora.