Grupos pequenos

Un clube de lectura virtual

O pracer de reunirse arredor das opinións e inquedanzas que esperta a lectura dun libro escollido en común. Sendo unha das actividades tradicionalmente promovidas dende as bibliotecas, xeralmente conta coa mediación dunha persoa coordinadora. Tamén adoitan organizarse en grupos pequenos para facilitar a participación.

Estas mesmas ferramentas poden empregarse para traballar con persoas con problemas de mobilidade (persoal, distancia xeográfica ou por carencia de medios de transporte) ou en confinamento (poboación reclusa ou ingresos hospitalarios de longa duración).

 

Recursos e ferramentas

  • Partiremos da base de que temos xa un grupo de usuarios e usuarias previo, polo que o principal reto é facilitar un espazo de videoconferencia fiable e que acolla suficientes persoas. O papel de administrador-moderador é clave, para o cal pode ser recomendable ter un código de conducta inicial. As aplicacións con versión gratuíta máis recomendables poderían ser:
    • Skype permite ata 10 persoas en videochamada e 25 se é só con audio. Multiplataforma e con bastante calidade de imaxe e son. Cada usuario debe crearse unha conta.
    • Zoom é a opción con máis capacidade, xa que poden participar ata 100 persoas na modalidade gratuita, aínda que establecen o límite de duración a 40 minutos. Ten versión app móbil e de escritorio. Require rexistro previo.
    • Discord permite crear servidores con diferentes canles temáticas, tanto de chat como de voz. As videochamadas grupais acollen ata 50 usuarios simultáneos.
    • Hangout é unha aplicación que Google xa non desenvolve, pero que sigue activa para calquera persoa cunha conta dos seus servizos. É dicir, case todo o mundo. Permite ata 10 persoas en videochamada.
    • Outro servizo de mensaxería de Google é Duo, con app e versión de escritorio, que acolle ata 8 persoas.
    • Se por algunha extraña coincidencia, todos tedes en común contar con dispositivos de Apple, a súa aplicación Facetime permite acoller ata 32 persoas simultáneamente. Aquí explican como.
    • O chat de Facebook permite tamén chamadas grupais de ata 50 persoas, pero só poden retransmitir imaxe e audio seis delas. As 44 restantes poden ver e escoitar, pero non participar. Pode activarse seguindo as indicacións da axuda de facebook.
  • Outra opción sería activar un blog e que os comentarios fosen asíncronos, publicándose durante un periodo de tempo prefixado de varios días.
  • Nesta mesma liña, podemos empregar redes sociais, nas que compartir un libro e que as persoas participen a través dos comentarios.

 

Algúns exemplos

Comparte a túa achega! (Atención: O teu comentario publicarase despois da súa revisión manual / O correo electrónico pídese para evitar SPAM pero nin o utilizaremos, nin será visible para outros visitantes)

*