Kit de Activación Digital

O Kit de Activación Dixital foi unha guía e punto de encontro profesional creada no marco de Coruña Dixital, impulsado pola Concellería de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña. O seu obxectivo foi poñer en común experiencias, retos e recursos para expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e a innovación audiovisual, especialmente no ámbito educativo e nos espazos socioculturais de proximidade.

O proxecto estruturouse arredor de tres grandes liñas de acción:
? Conectar – Testemuños de cinco profesionais e activistas con iniciativas de éxito en distintos contornos e grupos de idade.
? Inspirarse – Panorámica de experiencias diversas en participantes, contextos e formatos.
? Activar – Guía metodolóxica paso a paso, con exemplos e listados de recursos para desenvolver novos proxectos.

O Kit de Activación Dixital busca facilitar o acceso á creación audiovisual e á comunicación dixital como ferramentas para a transmisión de coñecementos, ideas e valores, especialmente en proxectos interxeracionais e nos ámbitos educativo e sociocultural.

Dirixido a…

? Docentes e profesionais do ámbito educativo.
? Persoal de bibliotecas, centros culturais e servizos sociais.
? Activistas e persoas interesadas en proxectos de educomunicación e activismo audiovisual.

O que fixemos

  • Coordinación e desenvolvemento da guía metodolóxica.
  • Creación dun espazo de investigación colaborativa sobre educomunicación e activismo audiovisual.
  • Selección de testemuñas profesionais e experiencias inspiradoras.
  • Presentación e dinamización do proceso con achegas da comunidade.

O enfoque

A guía aborda como empregar a creación audiovisual e a comunicación dixital en proxectos culturais, educativos e sociais, superando as barreiras habituais:
? Accesibilidade ás ferramentas dixitais – Demostración de que hoxe é posible crear e editar contidos audiovisuais con dispositivos accesibles.
? Divulgación de experiencias inspiradoras – Casos reais de proxectos que teñen empregado a comunicación dixital con éxito.
? Recursos metodolóxicos e técnicos – Estratexias e listados de ferramentas para poñer en marcha proxectos audiovisuais.

O proxecto celebrou un encontro de apertura e presentación pública e abriu unha fase de achegas na que se incorporaron máis de 50 experiencias ao repositorio de recursos.

O equipo

  • Sergio Lago – Coordinación do proxecto

Colaboramos con:

  • La Mujer Forzuda (Cristina de la Torre) – Deseño de contidos e audiovisual
  • Gingko (Roi Guitián / María Lobo) – Deseño de contidos e audiovisual
  • María Yáñez – Colaboración en contidos

Os resultados

? Unha guía metodolóxica dispoñible en aberto, con testemuñas, experiencias e recursos prácticos para docentes, mediadores/as culturais e activistas.
? Un espazo de aprendizaxe colaborativa, que involucrou a profesionais de distintos ámbitos na creación dun recurso útil e adaptado ás necesidades reais do contexto educativo e sociocultural.
? Máis de 50 experiencias recollidas, enriquecendo a panorámica de proxectos que empregan o audiovisual e o dixital para a transformación social.

? Saber máis