Estrategias Digitales en la Museología Social
En 2022, en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), impulsamos Estratexias Dixitais na Museoloxía Social, unha comunidade de aprendizaxe aberta para a reflexión colectiva e o desenvolvemento de estratexias dixitais no ámbito museístico e cultural.
Durante varios meses, máis de 400 profesionais de 17 países participaron nesta iniciativa, explorando como os espazos culturais de proximidade poden integrar o dixital nas súas dinámicas de traballo, servizos e relación cos públicos.
O obxectivo foi dotar ás participantes de ferramentas para avaliar e deseñar estratexias dixitais sostibles e inclusivas, que atendan aspectos como infraestruturas, organización interna, competencias dixitais, públicos e redes de colaboración, servizos, actividades, contidos dixitais e canles de comunicación.
Dirixido a…
Profesionais do sector museístico e cultural iberoamericano, especialmente de pequenos espazos culturais ou divulgativos de proximidade: museos locais, centros culturais, bibliotecas, centros de interpretación ou educación ambiental.
O que fixemos
- Creación e coordinación dun espazo formativo en liña.
- Desenvolvemento de contidos formativos en galego e castelán.
- Organización dun ciclo de conversas en directo con especialistas.
- Acompañamento e titorización para a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
O enfoque
A RMPL levaba tempo traballando na súa transformación dixital, pero a pandemia acelerou a necesidade de analizar as fendas existentes e identificar oportunidades para consolidar a súa presenza dixital. A través desta formación, abordamos:
📌 O papel das organizacións culturais de proximidade na contorna dixital
📌 A transformación dixital e os seus desafíos
📌 Competencias dixitais na organización
📌 Servizos, actividades e mediación cultural no entorno dixital
📌 Comunicación e marketing dixital en museos
📌 Comunidades dixitais e redes sociais
A formación combinou contidos autoformativos dispoñibles na plataforma con encontros virtuais en directo, celebrados entre febreiro e marzo de 2022.
O equipo
- Sergio Lago – Dirección do programa, desenvolvemento e coordinación de contidos
- Laura R. Duarte – Soportes web e contidos dixitais
- Ruth Sousa – Comunicación e asesoramento de contidos
Colaboramos con
- Encarna Lago (Rede Museística Provincial de Lugo) – Entidade promotora
- Jaime Capilla – Asesor de contidos
- Breogán Xuncal – Imaxe gráfica
Os resultados
📌 Máis de 400 profesionais de 17 países participaron na formación, creando unha comunidade de aprendizaxe arredor da transformación dixital na museoloxía social.
📌 Metodoloxía aplicada á realidade dos museos de proximidade, desenvolvendo plans de acción e estratexias adaptadas a cada contexto.
📌 Contidos dispoñibles en aberto, facilitando o acceso á formación e á reflexión colectiva sobre a dixitalización cultural.
🔗 Saber máis