A Cultura é un Dereito: Jornada Acción y Políticas Culturales Municipales
A Deputación da Coruña confiou en nós para o deseño e a coordinación desta xornada, celebrada o 29 de setembro de 2023 en Santiago de Compostela. Dirixida a novos cargos públicos locais que asumen competencias en cultura, tamén serviu como marco de reflexión para responsables políticos veteranos e persoal técnico do ámbito sociocultural.
A xornada buscou afondar en liñas de traballo contemporáneas, superando a visión da cultura como mero entretemento ou atractivo turístico. Presentouse unha perspectiva máis ampla e integral do sistema cultural de proximidade, defendendo a cultura como un dereito fundamental que mellora o benestar e a vida das comunidades.
Ademais, puxemos en valor o perfil profesional da xestión cultural, a importancia da formación e do coñecemento técnico do persoal público, e a consolidación desta disciplina como un campo recoñecido por institucións internacionais que avalan e recomendan as liñas de políticas culturais expostas.
Dirixido a…
Novos cargos públicos locais con competencias en cultura, responsables políticos con experiencia e persoal técnico do ámbito sociocultural interesados en repensar a cultura como motor de transformación e dereito cidadán.
O que fixemos
O noso rol neste proxecto
- Comisariado da xornada.
- Coordinación de contidos, relatores/as e espazos.
- Secretaría técnica e produción.
- Colaboración coa Deputación da Coruña na comunicación e difusión.
O enfoque
A xornada estruturouse arredor de seis grandes temáticas vinculadas á acción cultural municipal, explorando novas estratexias e boas prácticas. As temáticas e persoas convidadas foron:
- Apertura institucional: Natividade González Rodríguez (Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís).
- Introdución ao marco conceptual: Alberto García, coordinador do caderno A Cultura é un Dereito. Unha visión social da cultura.
- Cultura para a vida cotiá, cohesión social e convivencia – José Luis Pérez Pont (Centre del Carme Cultura Contemporània, Valencia).
- Participación cultural e prácticas artísticas comunitarias – Hugo Cruz (Art and Participation, Portugal).
- Cultura, benestar e inclusión social – Helena Teira (Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional).
- O relato patrimonial e turístico dos nosos territorios – Manuel Gago (USC, culturagalega.gal).
- Identidade, patrimonio inmaterial e conexión interxeracional – Sara Fraga (mediadora cultural).
- Cultura para o desenvolvemento territorial e a proxección exterior – Gil Ferreira (Municipio de Santa Maria da Feira, Portugal).

O equipo
- Sergio Lago – Comisariado da xornada
Colaboramos con
- Noa Díaz (Cunde Soc. Coop. Galega) – Apoio á produción
- Gutier Rolán Fernández – Servizos audiovisuais
- Pixelin Photos – Documentación fotográfica
- ACOPROS – Servizos de accesibilidade (intérpretes de lingua de signos)
- Solidariedade Internacional de Galicia – Servizo de cátering
Os resultados
📌 Asistencia e impacto – Máis de 120 persoas inscritas, con representación de cargos públicos e persoal técnico de todas as comarcas da provincia.
📌 Unha xornada inspiradora – Un espazo de encontro e aprendizaxe que permitiu debater sobre o papel da cultura nas políticas municipais e inspirar novos proxectos baseados na participación, a inclusión e a sustentabilidade cultural.
🎥 Gravacións da xornada con todas as reflexións e ideas compartidas:
🔗 Saber máis