Recta final para #aprenderfacendo na sétima edición do CEUXiC

O vindeiro 7 de outubro comeza a sétima edición do Curso de Expert* Universitari* en Xestión e Innovación Cultural. Será cunha aula inaugural na que o equipo promotor do Curso dará a benvida ao novo alumnado e na que xa haberá un primeiro contacto con contidos relacionados coa xestión cultural.

Dende entón ata o 26 de maio de 2023, todos os venres lectivos -e un xoves ao mes- este novo grupo de persoas interesadas en ampliar coñecementos para desenvolver proxectos innovadores e sostibles no eido cultural aprenderán facendo e compartindo, da man de profesionais do sector e deseñando un proxecto cultural.

A comunidade do CEUXiC

Un dos atractivos da formación, máis alá do seu carácter práctico, é a posibilidade de tecer rede con profesionais en activo. Tanto docentes como compañeirxs de edición, xa que moitas das persoas que participan como alumnado están vinculadas ao sector cultural.

Preto de 200 persoas pasaron xa polas aulas do CEUXiC dende o 2014 para achegarse dun modo profesional e práctico á xestión cultural: unha gran comunidade á que agora se suma o grupo da sétima edición.

Proceso de matrícula en curso

A matrícula no CEU en Xestión e Innovación Cultural da USC está aberta e se ben o grupo de alumxs está xa formado, existe a posibilidade, ata o peche do prazo, de que queden prazas dispoñibles.

Por iso, se tes interese en formar parte desta edición, aínda estás a tempo de consultar se é posible! 😉

Tamén che pode interesar //

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Subir