Cada vez máis persoas teñen conciencia da importancia do patrimonio, a memoria e a identidade. Desa preocupación, e da man de diversos colectivos, xorden arquivos.
Uns proxectos culturais e comunitarios que adoitan espertar a colaboración da veciñanza e que acaban por xerar gran cantidade de material que hai que catalogar, inventariar e documentar, ademais de conservar.
Os arquivos oficiais e as profesionais que traballan neste eido dispoñen de coñecementos, protocolos e metodoloxías que garanten o coidado dos fondos documentais e a súa clasificación.
Acompañamos ás persoas responsables de arquivos cidadáns na activación ou mellora sostible do seu proxecto:
Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!