Unha comunidade de aprendizaxe aberta co foco posto na museoloxía social

Estratexias Dixitais na Museoloxía Social nace en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL). Un novo espazo virtual onde compartir en aberto un proceso colectivo de reflexión e formación. O fío conductor son as prácticas dixitais en museos e espazos culturais que destacan polo seu labor social, a súa inserción no territorio máis próximo e por situar ás persoas no centro da súa estratexia. Incluída a dixital.

O obxectivo é que as participantes poidan dotarse de ferramentas para avaliar e deseñar estratexias dixitais que integren infraestruturas, organización interna, competencias dixitais, públicos e redes de colaboración, servizos, actividades, contidos dixitais e canles de comunicación.

Un proxecto de especial interese para profesionais que traballen en pequenos espazos culturais ou divulgativos de proximidade: museos locais, centros culturais, bibliotecas, centros de interpretación, educación medioambiental, etc.

Os contidos estarán dispoñibles en galego e tamén en castelán, tendo en conta a proxección da RMPL no contexto iberoamericano. Neles, abordaranse temáticas en torno ás estratexias dixitais como:

  • O papel das organizacións culturais de proximidade na contorna dixital.
  • A transición dixital e as dimensións que a preceden.
  • Prácticas e fendas na contorna dixital.
  • Públicos, segmentación e proposta de valor.
  • Servizos, actividades e contidos.
  • Estratexia e presenza dixital da RMPL.
A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) é unha referencia galega, estatal e internacional, recoñecida polas súas boas prácticas en museoloxía social, igualdade, xénero e inclusión.

Coa pandemia, igual que en moitos outros eidos, puxo de manifesto a imaxinación e esforzo do seu equipo para manter a actividade mantendo unha relación óptima coa cidadanía. Pero, sobre todo, facelo baixo os valores de calidade no servizo, igualdade de acceso, universalidade e participación cos que se identifica a RMPL.

Sendo consciente da necesidade de transitar de xeito sustentable cara un mellor equilibrio entre a
dimensión presencial e a virtual, a RMPL decidiu abrir unha reflexión e un proceso formativo que aborde
cuestións de infraestrutura, oferta e servizos dixitais. Tamén accións para a inclusión, capacitación e
empoderamento dixital da cidadanía e dos equipos de traballo, sen esquecer os novos modelos dixitais e
híbridos de participación e mediación cultural.

A INSCRICIÓN é gratuíta, estará aberta ao longo de todo 2022 e pode realizarse aquí.

Traballamos con:

Rede Provincial Museística de Lugo

Cando?

Activo, desde 2021.

Sitio Web:

Contámosche máis...

Visual Portfolio, Posts & Image Gallery for WordPress
Queres que falemos sobre este proxecto?

Tanto se tes interese por saber máis sobre calquera detalle deste proxecto,
como se desde a túa entidade queredes coñocer as posibilidades de desenvolver proxectos similares,
consúltanos sen compromiso!

Subir